sábado, 17 de abril de 2010

Obradoiro de Experiencias Ioga, Danza e Masaxe Aiurveda


Curso homologado pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, dirixido a: Profesorado de primaria e secundaria. Número de horas: 14.
Introducción:
A escola moderna está en crise. Esta é unha frase recorrente que reflicte unha forma, segundo o noso xuízo distorsionada, de referirse a un feito que se manifesta en público e a diario. A escola é o espello no que se reflicte a sociedade, coas súas carencias e contradicións, tamén coas súas grandezas. Cando dicimos que a escola está en crise, as máis das veces referímonos a unha crise social que se manifesta nese espello que é a escola, especialmente a pública. A evidencia da crise fíxose manifesta nos dous últimos anos, pola súa irrupción no mundo das finanzas. Con todo, a idea de crise está na conciencia colectiva dende moito antes, aparecendo como unha das súas causas a desnaturalización das relacións entre os humanos, e destes có resto do planeta. Non é o propósito deste curso analizar as causas ou causa desta ou estas crises, nin as súas solucións sistémicas. Propoñemos, simplemente, un camiño de reencontro da persoa consigo mesma, cos seus semellantes. Un encontro co mundo do que forma parte, o sistema-Terra, e co seu mundo interior, con todo o potencial que encerra. Convencidos de que a escola pode integrar novas experiencias, propomos un curso vivencial no que descubrir o valor transformador do ioga, a danza e a masaxe e as súas posibilidades de integración na práctica escolar.
Obxectivos:
- Vivenciais: amosar as posibilidades do ioga, a danza e a masaxe como sistemas de autocoñecemento, formación da imaxe corporal e interacción co outro, con un mesmo e coa terra.
- Redefinir e axustar á realidade o caracter complexo e alonxado da realidade escolar deste tipo de actividades
- Dotar ós participantes do curso de elementos fiables cara a preparación e deseño de programas de interiorización a través do ioga, a danza e a masaxe, aptos para a escola.
-Desenvolver un método de traballo e planificación deste tipo de actividades que involucre ao sistema emocional na aprehensión da experiencia.
Contidos e actividades.
Contidos teóricos:
-Kundalini ioga: fundamentos conceptuais. Elementos para a práctica. Sesións básicas adaptadas ao mundo escolar.
-Danza expresiva: fundamentos conceptuais. Elementos para a práctica. Sesións básicas adaptadas ao mundo escolar.
-Aiurveda, ioga masaxe: fundamentos conceptuais. Elementos para a práctica. Sesións básicas adaptadas ao mundo escolar.
__ Contidos teórico-prácticos:__ . Van consistir no coñecemento e a práctica das posturas e técnicas de traballo básicas, propias de cada unha das modalidades e adaptadas a realidade escolar.
Contidos prácticos:
-Catro horas prácticas por actividade, desenvolvidas de xeito que aporten unha vivencia a cada cursillista, un coñecemento das posibilidades que ofrecen estas prácticas ó desenrolo persoal e métodos de aplicación ó mundo docente.
Metodoloxía e procedementos de traballo previstos:
A meteodoloxía que imos utilizar vai ser fundamentalmente teórico-práctica. Explicación, experimentación e interiorización de cada técnica de traballo. O final de cada sesión e mesmo ao final do curso, haberá unha fase de reflexión-avaliación. Adicaremos a mañá do sábado a kundalini ioga, a tarde a danza deixando para a mañá do domingo a sesión de masaxe.

Organización e temporalización:
Sábado 29 de maio de 2010.
-Fase de docencia e reflexión teórica e presentación do curso: 1 hora. de 9.30 a 10.30. Sala do Hotel Sada-Marina.
-Kundalini ioga: 10.30 a 14.30. Xantar e descanso até ás 16.30 (incluído no prezo do curso)
-Danza expresiva: Sabado 29 de maio de 2010 de 16.30 a 20.30.
-Aiurveda ioga e masaxe: de 10 a 14 horas.
-Reflexión final e avaliación: de 14 a 15 horas.
Curso dirixido a: Profesorado de primaria e secundaria.
Prazas: 22 máximo. Mínimo 14
Coordinación: José Antonio Valverde Morán


Docencia:
- Fernando Rivela Fernández. Profesor titulado de ioga y kundalini ioga.
- Mita Adriana Cobos Beutel Schiffler. Mestra. Profesora titulada de danza expresiva e expresión corporal.
- Silvana Severino da Costa. Licenciada INEF. Masaxista aiurvédica titulada.

Temporalización:
- Sábado 29 de maio, sesións de mañá e tarde.
- Domingo 30 de maio, sesión de mañá.
Número de horas: 14
Lugar: Sada, hotel Sada-Marina.
Prezo: 90€. O prezo inclúe: matrícula, materíais e comida do sábado no propio hotel.
Criterios de selección: Os criterios xerais do plan anual de formación

No hay comentarios:

Publicar un comentario